A SGR anuncia a celebración do XIII Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2019 na cidade de Vigo (Hospital Álvaro Cunqueiro).
Vai ser un Congreso variado no que actualizaremos coñecementos en urxencias, patoloxía mamaria, retroperitoneo, intervencionismo e un bloque dedicado ao futuro do radiólogo no que participarán Pablo Valdés, presidente de SERAM, e Anxo Morais. Haberá tamén unha sesión específica para TSID o sábado día 11 pola mañá.
Podes consultar o Programa provisional e as Normas para a presentación de Comunicacións animándoche a que colabores nas mesmas. Como en anteriores Congresos premiarase ás mellores Comunicacións.
Comunicaráseche cando estea operativa a páxina web propia do Congreso, na cal estará toda a información relativa ao mesmo e onde se poderán realizar as inscricións.
Animámosche a que acudas ao Congreso e lembrarche que ademais da súa actividade científica, é tamén o lugar onde poder saudarnos persoalmente, intercambiar opinións e unha boa ocasión para visitar a cidade de Vigo.
Unha aperta,
O Comité Organizador