Durante a celebración do próximo IX Congreso Galego de Radioloxía que se celebrará en Lugo, organizarase un concurso de casos problema en imaxe coas seguintes bases:
- Haberá 4 casos problema que serán seleccionados polo Comité Científico do Congreso.
- Poden participar no concurso todos os Radiólogos e MIR inscritos no Congreso.
- Os casos estarán expostos nos Ordenadores do Congreso, xunto coas Comunicacións científicas, desde o inicio do Congreso ata as 21 hras do día 20.
- Os resultados, así como os nomes dos acertantes, faranse públicos o sábado 21 pola mañán.
- O premio consistirá en 300€ en libros de Radioloxía e farase efectivo no acto de entrega de Premios.
- En caso de que houbese varios acertantes dos catro casos problema o premio será repartido entre eles.