Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para o cargo de Vicepresidente da Sociedade Galega de Radioloxía (SGR), recibiuse unha única candidatura na persoa do Dr. Miguel Souto Bayarri, candidato que cumpre coas condicións establecidas nos Estatutos da SGR e cuxo nomeamento será ratificado na Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o xoves 21 de decembro na sede do Colexio Médico de Santiago de Compostela ás 17:00 horas.