A Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) col obxectivo de contribuir á participación do seus membros en actividades formativas convoca 4 bolsas destinadas á asistencia ó Curso de Correlación Raio-Patológica (AFIP) 2012.
BASES:
1. Poderán optar os miembros da SGR (sexan residentes ou especialistas en Radioloxía) que acabasen a sua formación en radioloxía despois de 2007 e que no recibisen outras bolsas ou premios da SGR nos últimos 2 años.
2. A selección realizarase con respecto ó seguinte baremo que incluirá únicamente os traballos realizados nos 2 últimos anos (2011-2012)
Artigo orixinal ou de revisión nunha revista radiolóxica internacional indexada en medline: 8 puntos.
Artigo orixinal ou de revisión nunha revista radiolóxica nacional indexada en medline: 6 puntos.
Libro completo editado por editoriais médicas recoñecidas nacionais o internacionais: 6 puntos.
Capítulo de libro editado por editoriais médicas recoñecidas nacionais o internacionais: 5 puntos.
Artigo breve ou casos problema nunha revista radiolóxica internacional indexada en medline: 4 puntos.
Artigo breve ou casos problema nunha revista radiolóxica nacional indexada en medline: 3 puntos.
Comunicacións científicas orais, póster ou conferencias realizadas en congresos de SERAM y SGR (2011-2012): 2 puntos.
3. Unha comisión da SGR valorará o impacto dos traballos para a sociedade radiolóxica nacional ou internacional e decidirá os traballos gañadores dos premios. En caso de empate entre aspirantes darase prioridade a aquel que recibise menos número de bolsas da SGR. Se persiste o empate, o xurado decidirá entre os aspirantes empatados sobre a base da valoración particular dos méritos: índice de impacto, etc … A SGR poderá deixar todos ou algúns dos Premios desertos se o considera oportuno. A decisión será inapelable, salvo defecto de forma.
4. O prazo para solicitar estas bolsas comezará trás a recepción da aceptación de comunicacións por parte do congreso de SERAM. Entre o 10 e o 20 de Abril.
5. O xurado notificará a sua resolución antes do 30 de Abril mediante exposición pública do resultado na páxina web da SGR.
6. Os interesados en recibir una destas bolsas deben enviar as suas solicitudes á secretaría da Sociedade Galega de Radioloxía a través do enderezo de correo electrónico: info@radioloxiagalega.es
7. As solicitudes deben incluir:
Datos do interesado: nome, apelidos, domicilio e teléfono.
Certificado de aceptación dos traballos no congreso para o que solicita a axuda.
Copia da primeira páxina dos traballos publicados en revistas de Radioloxía nacionais ou internacionais durante os anos ós que fai referencia o baremo.
Relación de revistas incluídas en medline nas que o solicitante figure como primero ou segundo autor.
Título do libro, Editor, Editorial, ISBN, Capítulo e copia de index e primeira páxina en caso de capítulos capítulo.