Convocatoria dos premios 2019 a actividade científica

En continuidade cun dos fins de a  Sociedade Galega de Radioloxía, enfocado a estimular a participación dos radiólogos galegos en foros científicos nacionais e internacionais, a SGR volve a convocar tres  novos premios ao conxunto da actividade científica desenvolvida no bienio 2017-18.

A dotación dos premios será a seguinte:

  • 1º Premio ……. 600€
  • 2º Premio ……. 500€
  • 3º Premio ……. 400€

NORMAS PARA OPTAR A OS PREMIOS:

    1. Poderán optar aos premios os socios da SGR e/ou SERAM que exerzan a súa actividade profesional en Galicia, tanto radiólogos especialistas como residentes de Radiodiagnóstico.
    2. A Actividade Científica coa que se opta aos premios estará incluída entre o 1 de Xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.
    3. O candidato ao premio deberá incluír na solicitude:

a) Datos do interesado (nome, domicilio, teléfono e dirección de correo electrónico).

b) Centro de traballo.

c) Copia dos documentos que se presenten (primeira páxina de traballos publicados en revistas, certificados de relatorios presentados, etc.).

d) Certificado de aceptación das comunicacións presentadas a os Congresos.

e) Formulario de autobaremación.

4. O prazo de presentación das solicitudes conclúe el 31 de Marzo de 2019.

5. O Comité Evaluador estará composto polo Presidente, Secretario e Asesora Científica da SGR, ou persoas en quen deleguen.

6. A adxudicación dos premios realizarase con respecto ao baremo do formulario. O Comité Evaluador resérvase o dereito de modificar a autobaremación efectuada polo aspirante. En caso de empate entre aspirantes darase prioridade ao que recibise en menos ocasiones premios da SGR. Se persiste o empate decidirase por sorteo entre os aspirantes empatados.

7. O Comité Evaluador poderá deixar todos ou algúns dos Premios desertos se o considera oportuno. A decisión do Comité Evaluador será inapelable, salvo defecto de forma.

8. Os Premios serán comunicados aos gañadores por escrito e publicados na web da SGR e serán entregados durante a celebración do XII Congreso Galego de Radioloxía (Vigo, 10-11de Maio de 2019).

9. Os interesados deben enviar as súas solicitudes ao correo electrónico da Secretaria da SGR: secretaria@radioloxiagalega.es (Enviarase acuse de recibo).

Descarga das normas.

Descarga do formulario de autobaremación.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies