Convocatoria dos premios 2011 a os mellores traballos científicos

Co fin de estimular a participación dos radiólogos galegos en foros científicos nacionais e internacionais, a Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) convoca catro premios ao mellor traballo científico, consistentes en bolsas de viaxe con fins científicos, por un importe de 1000€ cada unha:

a) Dous premios á mellor publicación orixinal nunha revista de ámbito nacional ou extranxeiro.

b) Dous premios ao mellor traballo de comunicación docente, en calquera dos seus formatos, oral ou escrito, publicada ou presentada en congresos de ámbito nacional ou extranxeiro.

NORMAS PARA OPTAR AOS PREMIOS:

    1. O autor, candidato ao premio, deberá ser membro de la SGR e da SERAM e estar ao corrente das cotas, para poder optar a esta convocatoria.
    2. Para concurrir aos premios á mellor comunicación, o autor candidato deberá enviar á SGR a comunicación presentada en formato .pdf ou power-point. Deberá acreditar, así mesmo, que a comunicación foi presentada e fará constar a web do congreso onde consta a comunicación
    3. O autor, candidato ao premio, deberá presentar un resumo dun máximo de 250 palabras xustificando a sua candidatura onde constasen os datos profesionais do candidato, a sua dirección postal o seu enderezo de email.
    4. O prazo de presentación de solicitudes conclue o 1 de Marzo do ano 2011.
    5. O comité científico da SGR valorará o impacto dos traballos para a sociedade radiolóxica nacional ou internacional e decidirá os trabajos gañadores dos premios. A decisión será por maioría simple, tendo o coordinador científico voto de calidade. O Comité científico poderá deixar todos ou algúns dos premios desertos se o considera oportuno. A decisión do Comité científico será inapelable, salvo defecto de forma.
    6. O fallo do Comité científico será comunicado aos gañadores por escrito e publicado na páxina web da SGR. Os premios serán entregados durante a celebración do Congreso Galego de Radioloxía.
    7. Os premiados deberán acreditar a dedicación do premio a fins científicos no ano seguinte ao da sua obtención.

Enderezo de envío:

Sociedade Galega de Radioloxía (premios SGR)

Servizo de Radioloxía

Hospital Xeral de Vigo

36204 Vigo

Email: info@radioloxiagalega.es

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies