XIV Congreso Galego de Radioloxía

A SGR anuncia a celebración do XIV Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar os días 25 e 26 de marzo de 2022 na cidade da Coruña (Paraninfo da Reitoria da UDC).

No Congreso actualizaremos coñecementos en pediatría, neoplasias pélvicas, ictus, neoplasias do pescozo e un bloque dedicado ao COVID. Contamos con relatores da nosa Comunidade e como convidados de fóra de Galicia a Ramiro Jesús Méndez do Hospital Clínico San Carlos de Madrid e a Laura Oleaga Zubiría do Hospital Clínico de Barcelona. Haberá tamén unha sesión específica para TSID o sábado 26 pola mañá.

Na páxina web do Congreso:  atópase toda a información relativa ao mesmo e nela pódense realizar as inscricións, consultar o programa e as Normas para a presentación de Comunicacións animándoche a que colabores nas mesmas. Como en anteriores Congresos premiarase ás mellores Comunicacións.

Esperando que acudas ao Congreso: congresosgr.com, lembrámosche que ademais da súa actividade científica, é tamén o lugar onde poder saudarnos persoalmente, intercambiar opinións e unha boa ocasión para visitar a cidade da Coruña.

Un abrazo,

O Comité Organizador

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies