Xa se atopa dispoñible o programa provisional do próximo Congreso da SGR que se celebrará no edificio da Fundación Abanca de Ferrol, os días 12 e 13 de Maio de 2017.
O tema principal do Congreso será a Radioloxía Abdominal, abordando no programa diversos temas de revisión e actualización que seguro serán de interese para todos. Haberá tamén un bloque dedicado á Xestión.
Novamente tamén se organiza unha sesión específica para TSID que terá lugar o sábado día 13 pola mañá.
Contaremos como relatores a varios radiólogos da nosa Comunidade de recoñecido prestixio que nos transmitirán os seus coñecementos e experiencia e como convidados o Dr. Tomás Ripollés e á Dra. Consuelo Paloma Chimeno.
Animámosvos a participar no Congreso e a que presentedes Comunicacións que enriquecen a actividade e que ademais son expresión do traballo diario e da nosa actividade científica. Como en ocasións anteriores premiarase á as mellores comunicacións.