Novena Xornada Radiolóxica de formación organizada pola Sociedade Galega de Radioloxía o día 25 de Xaneiro de 2017, na que se impartiron relatorios sobre a semioloxía radiolóxica do tórax, o sobrediagnóstico en radioloxía, a imaxe do fracaso da cirurxía da columna lumbar e a toxicidade inducida por drogas no abdome.
Esta xornada tivo lugar no Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela (San Pedro de Mezonzo 39-41, baixo).
A inscrición foi obrigatoria (gratuíta), sendo o limite de prazas de 130.
Pendente de acreditación pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.
INSCRIPCION:
Enviar correo a secretaria@radioloxiagalega.es cos seguintes datos: Nome e apelidos, MIR se/non, Ano de MIR, Especialidade e Centro de traballo.
- 16,25 -16,30: Presentación
Moderador: David macia Suárez
Hospital Salnés. Vilagarcía de Arousa
- 16,30 – 17,00: Semiología radiolóxica do tórax
Carmen Trinidad López. Hospital Povisa. Vigo
Debate e preguntas.
- 17,00 – 17,30: Sobrediagnóstico en radioloxía
María Jesús Díaz Candamio. CHUF. Ferrol
Debate e preguntas.
- 17,30 – 18,00: Taller interactivo de casos problema
Carmen Trinidad López.
- 18,00 – 18,30: Taller interactivo de casos problema
María Jesús Díaz Candamio.
- 18,30 – 18,45: Debate científico
- 18,45 – 19,15: Que teño que buscar tras o fracaso dunha cirurxía de columna?
Eloísa Santos Armentia. Hospital Povisa. Vigo
Debate e preguntas
- 19,15 – 19,45: Toxicidade inducida por drogas non abdome
Sandra Baleato González. CHUS. Santiago
Debate e preguntas
- 19,45 – 20,15: Taller interactivo de casos problema
Eloísa Santos Armentia.
- 20,15 – 20,45: Taller interactivo de casos problema
Sandra Baleato González.
- 20,45 – 20,50: Despedida e peche: David Macía Suárez