X Xornada Radiolóxica

Décima Xornada Radiolóxica de formación que se organizou o 29 de marzo de 2017, na que se impartiron relatorios sobre a hemoptisis, as lesións da mama e as infeccións do sistema musculosquelético.

Esta Xornada tivo lugar no Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela (San Pedro de Mezonzo 39-41, baixo).

A inscrición foi obrigatoria (gratuíta), sendo o limite de prazas de 130.

Acreditada con 0,4 créditos pola Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

INSCRIPCION:

Enviar correo a secretaria@radioloxiagalega.es cos seguintes datos: Nome e apelidos, MIR se/non, Ano de MIR, Especialidade e Centro de traballo.

  • 16,25 -16,30: Presentación
    Moderador: Raquel Prada González
    Hospital Povisa– Vigo
  • 16,30 – 17,00: Manexo da hemoptisis. Diagnóstico: que facer, como, cando e que informar?
    Sandra Méndez Garrido. Centro Oncológico de Galicia . A Coruña
    Debate e preguntas.
  • 17,00 – 17,30: Manexo da hemoptisis. A radioloxía no tratamento da hemoptisis.
    Daniel Fraga Manteiga. CHUAC. A Coruña
    Debate e preguntas.
  • 17,30 – 18,00: Taller interactivo de casos problema.
    Sandra Méndez Garrido.
  • 18,00 – 18,30: Taller interactivo de casos problema.
    Daniel Fraga Manteiga.
  • 18,30 – 18,45: Debate científico
  • 18,45 – 19,15: Lesións Birads 2, pseudo-lesións e “que non facer” en patoloxía mamaria.
    José Ramón Varela Romero. CHUAC. A Coruña
    Debate e preguntas
  • 19,15 – 19,45: Radioloxía de infeccions musculoesqueléticas extraxiales.
    Justo Villalón Blanco. CHUS. Santiago
    Debate e preguntas
  • 19,45 – 20,15: Taller interactivo de casos problema
    José Ramón Varela Romero.
  • 20,15 – 20,45: Taller interactivo de casos problema
    Justo Villalón Blanco.
  • 20,45 – 20,50: Despedida e peche: Raquel Prada González.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies