Premios ós mellores traballos científicos (2ª Convocatoria)

Co fin de estimular a participación dos Radiólogos Galegos en foros científicos nacionais e internacionais, a Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) convoca cinco premios ós mellores traballos científicos relacionados coa Radioloxía presentados ou publicados entre os anos 2011 e 2012.

A. Un premio de 1000€ á publicación ou edición de libros ou capítulos de libros en editoriales científicas reconocidas.

B. Dous premios, primeiro e segundo, de 1000€ y 500€ respectivamente á mellor publicación orixinal nunha revista de ámbito nacional ou internacional.

C. Dous premios de 500€ ós mellores traballos de comunicación docente, en calquera dos seus formatos, oral ou escrito, publicada ou presentada en congresos de ámbito nacional ou internacional.

Normas para concursar nos premios

  1. o autor, candidato ó premio, deberá ser membro da SGR e da SERAM, e estar ó corrente nas suas cuotas, para poder concursar en calquera dos premios.
  2. Os traballos cos que se concursa ós Premios deberán estar publicados ou presentados entre el 1 de Marzo de 2011 y el 1 de Xaneiro de 2013.
  3. O autor, candidato ó premio, deberá presentar un resumo de non máis de 250 palabras xustificando a sua candidatura e onde se farán constar os datos profesionales do candidato, así como a sua dirección postal e email.
  4. Para concursar nos premios dos apartados A) y B) o primeiro autor e candidato deberá enviar, via email, á SGR o traballo publicado en formato .pdf, ou ben fotocopia do mesmo á dirección da Sociedade, especificando a referencia do artigo segundo normas Vancouver.
  5. Para concursar ós premios do apartado C), o primeiro autor e candidato, deberá enviar, vía email, á SGR o traballo presentado en formato .pdf ou ben fotocopia do mesmo á dirección da Sociedade. Deberá acreditar asimesmo que a comunicación foi presentada y fará constar a web do congreso onde se fixo a presentación.
  6. O prazo de presentación das solicitudes acabará o 1 de Marzo do ano 2013.
  7. O Comité Cualificador será nomeado pola SGR e formará parte del, de xeito inexcusable, o coordinador do Comité Científico. O Comité Cualificador valorará o impacto dos traballos para as sociedades radiolóxicas nacionais ou internacionais e decidirá ós ganadores dos premios. Se non houbera unanimidade, a decisión será tomada pola maioría simple dos membros. En caso de empate o Coordinador Científico disporá do voto de calidade. O Comité Cualificador poderá deixar todos ou alguns dos Premios desertos se o considerase oportuno. A decisión do Comité Cualificador será inapelable, salvo defecto de forma.
  8. O fallo do Comité Cualificador será comunicado ós gañadores por escrito e publicado na páxina web da SGR. Os premios serán entregados durante a celebración do X Congreso Galego de Radioloxía. A SGR poderá requerir ós autores á presentación pública un resumo dos traballos premiados durante o Congreso. Neste caso se lles comunicará coa antelación debida.
  9. Os premiados deberán acreditar a dedicación do premio a fins Científicos no ano seguinte ó da sua obtención, o que deberá ser comunicado á SGR.
  10. Os premios poderán ser presentados polos otros autores únicamente se o primeiro autor o autoriza mediante escrito dirixido á SGR.

Enderezo de envío: info@radioloxiagalega.es

Sociedade Galega de Radioloxía (Premios SGR)

Servizo de Radioloxía

Hospital Xeral

36204 Vigo

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies