Proclamación de candidaturas a Xunta Diretiva da SGR

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos cargos que se han de renovar proximamente da Xunta Directiva da Sociedade, comunícase que se presentaron en prazo e forma as seguintes candidaturas:

Para o cargo de Vicepresidente: Ignacio Docal Cabrera

Para o cargo de Secretario: Óscar Vila Nieto

Para o cargo de Tesoureira: Elena Guerra Baamonde

Todos os candidatos cumpren os requisitos esixidos no articulo 12º dos estatutos da SGR e ao non recibirse máis que unha candidatura para ocupar cada un dos cargos, non procede a realización de votacións para a súa elección.
O nomeamento dos devanditos cargos deberá ser ratificado na Asemblea Xeral a celebrar o próximo 6 de Outubro de 2021 , miercoles, na sede do Colexio Médico de Santiago de Compostela.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies