De acordo cos estatutos da SGR, convócase a renovación total da Xunta Directiva da Sociedade e ábrese por tanto o período de presentación de candidaturas individuais a presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro respectivamente. O prazo para a presentación das candidaturas finalizará o 27 de abril de 2017 e a partir desta data procederase á proclamación das mesmas.
Para ser elixido com membro da Xunta Directiva requírese ter a condición de Socio de Número cunha antigüidade mínima de dous anos desde o ingreso na Sociedade e deberse estar ao corrente das obrigacións como socio (Art. 12º).
As candidaturas enviaranse: secretaria@radioloxíagalega.es
A votación para a elección dos membros da nova Xunta directiva terá lugar na Asemblea Xeral que se celebrará o 12 de maio de 2017 durante o XII Congreso Galego de Radioloxía.