De acordo con o artigo 12º dos Estatutos da Sociedade Galega de Radioloxía débese renovar o cargo de VICEPRESIDENTE da súa Xunta Directiva, convocándose pola presente eleccións ao mesmo, abríndose a presentación de candidatos.
O cargo de Vicepresidente ten unha duración de 2 anos, accedendo despois a Presidente
PRAZO LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: 4 de decembro de 2023
Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de socio de número da SGR cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade e deberase estar ao corrente das obrigacións como socio.
A CANDIDATURA ENVIARASE A: secretaria@radioloxiagalega.es
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación dos candidatos que cumpran as condicións establecidas nos Estatutos.
Non serán admitidas a consideración as candidaturas presentadas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias:
a) Ser presentadas fóra de prazo.
b) O candidato non cumpra as condicións establecidas nos Estatutos da SGR.
c) Aquelas en que non se especifique o cargo a que se opta.
Comunicarase aos candidatos a súa proclamación. As candidaturas publicaranse na páxina web da SGR www.radioloxiagalega.es.
No caso de que soamente haxa un candidato ao cargo convocado quedaría automaticamente proclamado.
No caso de que haxa máis dun candidato ao cargo convocado procederíase a realizar eleccións, cuxa data e normas se comunicarán previamente.
O nomeamento do candidato elixido debe ser ratificado na Asemblea Xeral Ordinaria.