Convocatoria Elecions SGR 2021

De acordo co artigo 12º dos Estatutos da  Sociedade  Galega de  Radioloxía débense renovar algúns dos cargos da súa Xunta Directiva.

Convócanse eleccións aos seguintes cargos:

VICEPRESIDENTE:  ten unha duración de 2 anos. Despois accede a Presidente.

SECRETARIO:  ten unha duración de 4 anos.

TESOUREIRO:  ten unha duración de 4 anos.

PRAZO LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: 22 de  SETIEMBRE DE 2021

Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de socio de número da  SGR cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade. En todos os casos deberase estar ao corrente das súas obrigacións como socios.

A CANDIDATURA ENVIARASE A: secretaria@radioloxiagalega.es

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación dos candidatos que cumpran as condicións establecidas nos Estatutos.

Non serán admitidas a consideración as candidaturas presentadas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias:

  1. a) Ser presentadas fóra de prazo.
  2. b) O candidato non cumpra as condicións establecidas nos Estatutos da
  3. c) Aquelas en que non se especifique o cargo a que se opta.

Comunicarase aos candidatos a súa proclamación.

No caso de que soamente haxa un candidato a calquera dos cargos convocados quedaría automaticamente proclamado.

No caso de que haxa máis dun candidato aos cargos convocados procederíase a realizar eleccións a celebrar o 6 de outubro de 2021, xoves, segundo normas que se comunicarán previamente.

O nomeamento dos candidatos elixidos debe ser ratificado na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o 6 de outubro de 2021.