Concurso de casos problema

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Durante a celebración do próximo IX Congreso Galego de Radioloxía que se celebrará en Lugo, organizarase un concurso de casos problema en imaxe coas seguintes bases:

  1. Haberá 4 casos problema que serán seleccionados polo Comité Científico do Congreso.
  2. Poden participar no concurso todos os Radiólogos e MIR inscritos no Congreso.
  3. Os casos estarán expostos nos Ordenadores do Congreso, xunto coas Comunicacións científicas, desde o inicio do Congreso ata as 21 hras do día 20.
  4. Os resultados, así como os nomes dos acertantes, faranse públicos o sábado 21 pola mañán.
  5. O premio consistirá en 300€ en libros de Radioloxía e farase efectivo no acto de entrega de Premios.
  6. En caso de que houbese varios acertantes dos catro casos problema o premio será repartido entre eles.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]