Convocatoria de bolsas para a inscripción al Congreso de SERAM 2012

[vc_row][vc_column][vc_column_text]A Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) co obxectivo de contribuir á particpación dos seus membros en actividades formativas convoca 8 bolsas destinadas á inscripción ó 31 Congreso Nacional da SERAM. BASES

  1. Poderán optar a estos Premios os membros da SGR, tanto médicos especialistas en Radioloxía como residentes.
  2. A selección realizarase con respecto ó seguinte baremo, que incluirá únicamente os traballos realizados nos últimos 2 anos:

Comunicacións ó Congreso SERAM 2012. Primeiro, segundo o terceiro autor dunha comunicación oral aceptada: 8 puntos; Primiero, segundo o terceir autor dunha comunicación en póster aceptada: 4 puntos.

Artículos. Primeiro, segundo o terceiro autor de artigo orixinal ou de revisión nunha revista radiolóxica internacional indexada en medline: 8 puntos; nunha revista radiolóxica nacional indexada en medline: 6 puntos.

Artigo breve ou casos problema nunha revista radiolóxica internacional indexada en medline: 4puntos; nunha revista nacional indexada en medline: 3 puntos.

Comunicacións científicas realizadas en congresos de SERAM y SGR (2007-2011): 2 puntos.

En caso de empate entre aspirantes darase prioridade ó que recibise menos veces bolsas de SGR. Se persiste o empate, o xurado decidirá por sorteo entre os aspirantes empatados. No caso de que o radiólogo premiado xa estivese inscrito no Congreso non podrá reclamar o montante económico pero poderá reservalo para o 32 Congreso da SERAM.

3. O comité cualificador será nomeado pola Xunta Directiva da SGR.

4. Data límite para o envío das solicitudes: 20 de Xaneiro de 2012.

5. Notificación da resolución: 3 Febreiro 2012.

6. A resolución será publicada na páxina web da SGR

7. Os interesados en recibir una destas bolsas deben enviar as suas solicitudes á secretaría da Sociedade Galega de Radioloxía a través  deste formulario

8. Enviarase notificación de recibo da recepción da solicitude por correo electrónico.

9. As solicitudes deben incluir:

Datos do interesado: nome, domicilio e teléfono.

Copia da página de aceptación de comunicacións ó congreso SERAM 2012. Documento acreditativo dos traballos presentados en congresos e primeira páxina dos artigos que se presentan ó baremo. (Esta documentación deberá ser enviada como arquivo adxunto en formato electrónico .pdf)

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]