XV Congreso Galego de Radioloxía

[vc_row][vc_column][vc_column_text el_class=”curso-rpr”]

A SGR anuncia a celebración do XV Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar os días 9 e 10 de maio de 2025 no Auditorio Municipal da cidade de Ourense.

Neste Congreso actualizaranse coñecementos en radioloxía torácica e cardiológica, a ecografía  as urxencias do sistema musculoesquelético, as urxencias en neurorradiología, a radioloxía do abdome e xenitourinario e na Intelixencia Artificial. Contaremos con relatores da nosa Comunidade e como convidados de fóra de Galicia ao Dr Tomás Franquet do Hospital Sant Pau de Barcelona, ea a Dra. Ulrike Novo de o  Hospital universitario Gregorio Marañón de Madrid. Haberá tamén unha sesión específica para TSID o sábado día 10 pola mañá.

Na páxina web do Congreso: congresosgr2025.com, atópase toda a información relativa ao mesmo. Nela pódense realizar as inscricións, consultar o programa e as normas para a presentación de comunicacións, animándoche a que colabores nas mesmas. Como en anteriores Congresos premiarase ás mellores comunicacións.

Esperando que acudas ao Congreso, lembrámosche que ademais da súa actividade científica, é tamén o lugar onde poder saudarnos persoalmente, intercambiar opinións e unha boa ocasión para visitar a cidade de Ourense.

Un abrazo,

O Comité Organizador

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][/vc_column][/vc_row]