Proclamación de candidaturas a Xunta Diretiva da SGR

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección a Vicepresidente da Xunta Directiva, proclámase como única candidata que cumpre as condicións recollidas nos Estatutos da Sociedade, á Dra. CONCEPCION MARTINEZ RODRIGUEZ.

Ao non recibirse máis que unha candidatura para ocupar o devandito cargo de Vicepresidente,  non procede a realización de votacións para a súa elección.

O nomeamento do devandito cargo deberá ser ratificado na Asemblea Xeral a celebrar o próximo 10 de maio de 2019 durante o XII Congreso Galego de Radioloxía.