Elección a Vicepresidente da Xunta Directiva

De acordo co artigo 12º dos estatutos da SGR, convócase elección a Vicepresidente da Xunta Directiva da Sociedade e ábrese por tanto o período de presentación de candidaturas individuais.

O cargo de Vicepresidente ten unha duración de 2 anos, concluídos os cales accederá ao cargo de Presidente.

Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de Socio de Número cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade  e deberse  estar ao corrente das obrigacións como socio.

O prazo para a presentación das candidaturas finalizará o 26 de abril de 2019.

As candidaturas enviaranse  a: secretaria@radioloxíagalega.es

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación das mesmas.

A elección celebrarase durante o XIII Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar en Vigo o 10 e 11 de maio de 2019.