Sociedade

Nesta sección ofrecemos información de quen somos e como funciona a nosa asociación.

BENVIDO Á PÁXINA WEB DA SOCIEDADE GALEGA DE RADIOLOXÍA

A Sociedade Galega de Radioloxía (SGR), ten o pracer de darlle a benvida a nosa páxina web, da que esperamos sexa unha valiosa ferramenta agora e nun futuro tanto para a potenciación e o desenvolvemento da especialidade da RADIOLOXÍA na nosa comunidade como para servir de vinculo de comunicación, instrumento de formación, etc.

Un dos obxectivos da Xunta Directiva da SGR é potenciar a páxina Web, que debe ser unha ferramenta útil e áxil de intercambio de comunicación entre os seus membros, así como unha xanela aberta a outras especialidades afíns e ao público en xeral, interesados en coñecer as actividades e situación da Radioloxía en Galicia.

Neste sentido, a Xunta Directiva anímavos a que profundedes nos contidos actuais e futuros, participedes na elaboración de contidos e enviedes as suxestións que consideredes oportunas para mellorar a páxina Web,

” Espero que visitedes a miúdo a nosa Web e que a encontredes útil. “

Jose Enrique Millan Suarez

Presidente sainte da SGR.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies