Dirixido non só a residentes e médicos especialistas mozoz en radiodiagnóstico, senón tamén a médicos en formación doutras especialidades cuxa actividade garde estreita relación co tema e que pretendan incrementar os seus coñecementos no diagnóstico e manexo radiológico da patoloxía raquimedular.
Os obxectivos educacionales do curso son:
1. Familiarizarse coa anatomía radiológica e funcional raquimedular.
2. Coñecer as diferentes técnicas neurorradiológicas diagnósticas e intervencionistas raquimedulares.
3. Familiarizarse cos achados neurorradiológicos dos procesos patolóxicos máis comúns que afectan as estruturas raquimedulares.
4. Adquirir conceptos esenciais sobre as manifestacións clínicas e opcións terapéuticas da patoloxía raquimedular, especialmente no campo da neurorradiología intervencionista.