« All Eventos
II Curso de Radioloxía de Tumores do Aparato Locomotor
4 Outubro, 2017 8:00 a.m. - 6 Outubro, 2017 5:00 p.m.
Os contidos están divididos nun módulo básico, dirixido a especialistas en formación ou radiólogos xerais que queiran refrescar os seus coñecementos, e nun módulo avanzado, no que se profundará no diagnóstico e manexo destes tumores, especialmente dos malignos, tratando de forma individualizada os sarcomas de partes brandas, os tumores óseos primarios, as metástases e o mieloma múltiple. Dedícanse tamén módulos do curso avanzado ás técnicas intervencionistas, ao manexo interdisciplinar e as técnicas avanzadas no diagnóstico e valoración de resposta.
Contará coa participación de expertos nacionais de recoñecido prestixio, así como do Prof. Gangi, do H. U. de Estrasburgo, e do Dr. Hans Bloem, do H.U. de Leyden.