XIII Congreso Galego de Radioloxía

A  SGR anuncia a celebración do  XIII Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2019 na cidade de Vigo (Hospital Álvaro Cunqueiro).

Vai ser un Congreso variado no que actualizaremos coñecementos en urxencias, patoloxía mamaria, retroperitoneo, intervencionismo e un bloque dedicado ao futuro do radiólogo no que participarán Pablo Valdés, presidente de  SERAM, e Anxo Morais. Haberá tamén unha sesión específica para TSID o sábado día 11 pola mañá.

Podes consultar o Programa provisional e as Normas para a presentación de Comunicacións animándoche a que colabores nas mesmas. Como en anteriores Congresos premiarase ás mellores Comunicacións.

Comunicaráseche cando estea operativa a páxina web propia do Congreso, na cal estará toda a información relativa ao mesmo e onde se poderán realizar as inscricións.

Animámosche a que acudas ao Congreso e lembrarche que ademais da súa actividade científica, é tamén o lugar onde poder saudarnos persoalmente, intercambiar opinións e unha boa ocasión para visitar a cidade de Vigo.

Unha aperta,

O Comité Organizador

  Descarga do programa definitivo

  Descarga das normas e premios das comunicaciones

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies