O profesor D. Juan Vidal Carreira nomeado Socio de Honra da SGR

foto vidal3A Xunta Directiva da Sociedade Galega de Radioloxía, de acordo co artigo sexto dos estatutos da Sociedad, decidiu nomear ó ilustre profesor Dr. D. Juan José Vidal Carreira, Socio de Honra da nosa Sociedade.

A concesión desta distinción, a primeira na historia da Sociedade, ten como fin o recoñecemento público da sua magnífica traxectoria profesional no campo da nosa especialidade.

O Profesor Vidal naceu en Santiago de Compostela o primeiro día do ano 1941, cursa os seus estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e continúa trás a licenciatura a sua formación como residente de Medicina Interna, ata a obtención do título de especialista no ano 1968. Trasládase a EEUU por un período de cinco anos sendo Interno Rotatorio en Des Moines, Residente en Philadelphia e finalmente Fellowship de radiodiagnóstico de Tórax en Quebec, onde permanece ata o seu regreso no ano 1974.

Á sua volta é nomeado Xefe do Servicio de Radiodiagnóstico do Hospital Clínico Universitario de Santiago, cargo que únicamente se interrumpirá durante uns anos para ser Xefe de Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Montecelo de Pontevedra. Durante todos estos anos compaxina a actividade clínica coa actividade docente, alcanzando o título de Catedrático de Radiodiagnóstico da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

Xa en plena madurez, volve como alumno ás clases, cursando estudos de dereito e obtendo a licenciatura en 2008.

É membro de numerosas Sociedades Científicas, como o American College of Radiology, a Sociedade Española de Radioloxía, a Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (da que é socio fundador) e a Sociedade Galega de Radioloxía, da que foi presidente entre os anos 1991 e 1995.

É autor de numerosas publicacións científicas entre as que se incluen un libro completo, dez capítulos de libros, 84 artigos, 178 comunicacións e 15 ponencias a congresos. Tamén participou en 19 proxectos de investigación e desenvolvemento con financiación pública.

Na actualidade é Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador do Laboratorio de Investigación en Imaxe Radiolóxica.

Ó profesor vidal debémoslle, os profesionais que nos formamos na nosa comunidade, os profundos cambios que introduciu na filosofía de traballo e a docencia da nosa especialidade, os que dalgún modo perviven ainda en numerosos discípulos.

Gracias e parabéns Don Juan.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies