Convocatoria Elecions SGR 2025

De acordo con o artigo 12º dos Estatutos da Sociedade Galega de Radioloxía débense renovar os cargos de VICEPRESIDENTE e SECRETARIO da  Xunta Directiva, convocándose pola presente eleccions a ditos cargos, abríndose o plazo para a presentación de candidatos.

O cargo de Vicepresidente ten unha duración de 2 anos, accedendo despois a Presidente.

O cargo de Secretario ten unha duración de 4 anos.

PRAZO LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:  de decembro de 2025

Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de socio de número da SGR cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade e deberase estar ao corrente das obrigacións como socio.

A CANDIDATURA ENVIARASE A: secretaria@radioloxiagalega.es

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación dos candidatos que cumpran as condicións establecidas nos Estatutos.

Non serán admitidas a consideración as candidaturas presentadas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias:

a) Ser presentadas fóra de prazo.
b) O candidato non cumpra as condicións establecidas nos Estatutos da SGR.
c) Aquelas en que non se especifique o cargo a que se opta.

Comunicarase aos candidatos a súa proclamación. As candidaturas publicaranse na páxina web da SGR www.radioloxiagalega.es.

No caso de que soamente haxa un candidato ao cargo convocado este quedaría automaticamente proclamado.

No caso de que haxa máis dun candidato ao cargo convocado procederíase a realizar eleccións, cuxa data e normas se comunicarán previamente.

O nomeamento do candidato elixido debe ser ratificado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies