Co obxectivo de contribuir á presencia activa dos membros da Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) no Congreso Nacional de SERAM, a SGR convoca 7 Bolsas destinadas á inscripción ó Congreso a celebrar en Oviedo en Maio de 2014.
BASES:
1. Poderán optar a elas os socios de SGR/SERAM que teñan a sua actividad profesional en Galicia, tanto radiólogos especialistas como residentes de Radiodiagnóstico.
2. A bolsa consiste na inscripción ó congreso. A SGR ocuparase directamente de realizar a xestión da inscripción
3. A adxudicación das bolsas realizarase con respecto ó seguinte baremos dos traballos do período 01/01/2012 ó 31/12/2013:
Primeiro autor dunha comunicación oral aceptada Ó Congreso SERAM: 8 puntos.
Primeiro autor dunha comunicación electrónica aceptada ó Congreso SERAM 2014: 5 puntos.
Primeiro autor de comunicación aceptada ó Congreso SGR 2013: 4 puntos.
Primeiro autor de artigo orixinal ou de revisión en revista radiolóxica internacional: 8 puntos
Primer autor de artículo original o de revisión en revista radiológica nacional: 6 puntos.
Primeiro autor de artigo breve ou casos problemas en revista radiolóxica internacional: 4 puntos.
Primeiro autor de artigo breve ou casos problemas en revista radiolóxica nacional: 3 puntos.
En caso de empate entre aspirantes darase prioridade ó que recibise menos veces bolsas de SGR. Se persiste o empate, o xurado decidirá por sorteo entre os aspirantes empatados.
4. Composición do xurado:
Presidente da SGR.
Secretario da SGR.
Asesor Científico (ou personas nas que delegue)
5. Datas clave:
O prazo de solicitude finalizará o 26 de Xaneiro de 2014.
O xurado notificará a sua resolución mediante comunicación personal ou por correo electrónico e mediante exposición pública do resultado na web de SGR.
6. Os interesados en recibir unha das bolsas deben enviar as suas solicitudes ó correo electrónico da Secretaría de SGR: secretaria@radioloxiagalega.es .
7. As solicitudes deben incluir:
Datos do interesado: nome, domicilio, teléfono e enderezo do correo electrónico.
Certificado de aceptación dos traballos presentados ó congreso SERAM 2014.
Copia dos documentos que se presenten (primeira páxina de traballos publicados en revistas, certificados de comunicación presentadas en congresos)
Formulario de autobaremación (Descargar formulario)