Bolsas de inscripción ao Congreso de SERAM 2016

INTRODUCCION:

Co obxectivo de contribuír á presenza activa dos membros da Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) no Congreso Nacional de SERAM, a SGR convoca 4 Bolsas destinadas á inscrición ao Congreso para celebrar en Bilbao en maio de 2016.

As bolsas convócanse para dous colectivos: 2 bolsas para Radiólogos especialistas e 2 bolsas para MIR de Radiodiagnóstico.

BASES:

1. Poderán optar a elas os socios da SGR/SERAM que teñan a súa actividade profesional en Galicia, tanto radiólogos especialistas como residentes de Radiodiagnóstico.

2. A bolsa consiste na inscrición ao congreso. A SGR ocuparase directamente de realizar a xestión da inscrición.

3. A adxudicación das bolsas realizarase con respecto ao baremo que se adxunta no formulario de Autobaremación.

Se non houbese aspirantes suficientes para cada unha das dúas categorías convocadas engadiríanse as vacantes ao outro colectivo.

En caso de empate entre aspirantes darase prioridade ao que recibise menos veces bolsas de SGR. Se persiste o empate, o xurado decidirá por sorteo entre os aspirantes empatados.

4. Composición do xurado: Presidente da SGR, Secretario da SGR e Asesora Científica (ou persoas en quen delegue).

O prazo de solicitude finalizará o 16 de febreiro de 2016.

O xurado notificará a súa resolución mediante comunicación persoal ou por correo electrónico e mediante exposición pública do resultado na web da SGR.

5. Os interesados en recibir unha destas bolsas deben enviar as súas solicitudes ao mail dela Secretaria da SGR secretaria@radioloxiagalega.es. Enviarase acuse de recibo da recepción.

6. As solicitudes deben incluír:

  • Datos do interesado (nome, domicilio, teléfono e dirección de correo electrónico).
  • Certificado de aceptación das comunicacións presentadas a Congreso SERAM 2016.
  • Certificados de comunicacións presentadas noutros Congresos.
  • Certificados de Relatorios/Conferencias impartidas.
  • Copia de primeira páxina de traballos publicados en revistas.
  • Formulario de autobaremación cumprimentado.

Formulario de autobaremación (Descargar formulario)

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies