Convocatoria dos premios 2015 á actividade científica

Convocatoria dos premios á actividade científica 2015

Co fin de estimular a participación dos radiólogos galegos en foros científicos nacionais e internacionais, a Sociedade Galega de Radioloxía (SGR) convoca tres premios ó conxunto da actividade científica que desenvolvida en 2013-14.

A dotación dos premios é a seguinte:

  • 1º Premio ……. 700€
  • 2º Premio ……. 600€
  • 3º Premio ……. 500€

NORMAS PARA OPTAR ÓS PREMIOS:

    1. Poderán optar ós premios os socios da SGR e/ou SERAM que exerzan a sua actividade profesional en Galicia, tanto radiólogos especialistas como residentes de Radiodiagnóstico.
    2. A Actividade Científica coa que se opta ós premios estará incluida entre o  1 de Xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2014.
    3. O candidato ó premio deberá incluir na solicitude:

a) Datos do interesado.

b) Centro de traballo.

c) Copia dos documentos que se presenten (primeira páxina de traballos publicados en revistas, certificados de relatorios presentados, etc).

d) Certificado de aceptación das comunicacións presentadas ós Congresos.

e) Formulario de autobaremación (descarga)

4. O prazo de presentación das solicitudes conclue o 1 de Marzo de 2015.

5. O Comité Cualificador estará composto polo Presidente, Secretario e Asesora Científica da SGR, ou persoas en quen deleguen.

6. A adxudicación dos premios realizarase con respecto ó baremo que se anexa. O Comité Cualificador resérvase o dereito de modificar a autobaremación efectuada polo aspirante.

No caso de empate entre aspirantes darase prioridade ó que recibise meno veces premios da SGR. Se persiste o empate decidirase por sorteo entre os aspirantes empatados.

7. O Comité Cualificador poderá deixar todos ou algúns dos Premios desertos se o considera oportuno.

A decisión do Comité Cualificador será inapelable, salvo defecto de forma.

8. Os Premios serán comunicados ós gañadores por escrito e publicado na web da SGR e serán entregados durante a celebración do XI Congreso Galego de Radioloxía.

9. Os interesados deben enviar as suas solicitudes ó correo electrónico da Secretaría da SGR: secretaria@radioloxiagalega.es (Enviarase notificación do recibo).

Utilizamos cookies para realizar un registro y seguimiento de la actividad general de los usuarios en la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra Política de cookies política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies