De acordo co artigo 12º dos estatutos da SGR, convócase elección a Vicepresidente da Xunta Directiva da Sociedade e ábrese por tanto o período de presentación de candidaturas individuais.
O cargo de Vicepresidente ten unha duración de 2 anos, concluídos os cales accederá ao cargo de Presidente.
Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de Socio de Número cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade e deberse estar ao corrente das obrigacións como socio.
O prazo para a presentación das candidaturas finalizará o 26 de abril de 2019.
As candidaturas enviaranse a: secretaria@radioloxíagalega.es
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación das mesmas.
A elección celebrarase durante o XIII Congreso Galego de Radioloxía que terá lugar en Vigo o 10 e 11 de maio de 2019.