De acordo co artigo 12º dos Estatutos da Sociedade Galega de Radioloxía débense renovar algúns dos cargos da súa Xunta Directiva.
Convócanse eleccións aos seguintes cargos:
VICEPRESIDENTE: ten unha duración de 2 anos. Despois accede a Presidente.
SECRETARIO: ten unha duración de 4 anos.
TESOUREIRO: ten unha duración de 4 anos.
PRAZO LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: 22 de SETIEMBRE DE 2021
Para poder presentar candidatura ao cargo requírese ter a condición de socio de número da SGR cunha antigüidade mínima de dous anos desde o seu ingreso na Sociedade. En todos os casos deberase estar ao corrente das súas obrigacións como socios.
A CANDIDATURA ENVIARASE A: secretaria@radioloxiagalega.es
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas procederase á proclamación dos candidatos que cumpran as condicións establecidas nos Estatutos.
Non serán admitidas a consideración as candidaturas presentadas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias:
- a) Ser presentadas fóra de prazo.
- b) O candidato non cumpra as condicións establecidas nos Estatutos da
- c) Aquelas en que non se especifique o cargo a que se opta.
Comunicarase aos candidatos a súa proclamación.
No caso de que soamente haxa un candidato a calquera dos cargos convocados quedaría automaticamente proclamado.
No caso de que haxa máis dun candidato aos cargos convocados procederíase a realizar eleccións a celebrar o 6 de outubro de 2021, xoves, segundo normas que se comunicarán previamente.
O nomeamento dos candidatos elixidos debe ser ratificado na Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o 6 de outubro de 2021.